Como chegar ao Castro Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Últimas Novas

Entérate das novidades da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.

Celebradas as Asembleas de 2021

Celebradas as Asembleas de 2021

O sábado 27 de novembro de 2021 a Asociación celebrou a súa Asemblea anual ordinaria, cos temas habituais na Orde do dia, coma o estado de contas e orzamento anual, relatorio de actividades, altas e baixas de socios, etc.

A continuación tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria para modificar os Estatutos de xeito puntual: o nome da Asociación pasa a ser de Amigos do Museo e Castro de Viladongae a data de remate do exercicio económico será o 31 de decembro de cada ano.

No ano 2021 conmemórase o 50 aniversario do inicio das escavacións arqueolóxicas no Castro o 35º da apertura do Museo do xacemento, entón e námbolos dous casos baixo a xestión do Ministerio de Cultura.

Así mesmo, e con motivo da celebraciòn do Día Mundial do Patrimonio o 16 de novembro, a Asociación adheriuse ó comunicado que e Rede galega de Patrimonio Cultural fixo publico poara reclamar unha política de parques eólicos máis respectuosas co patrimonio e co medio rural.